sábado, 12 de marzo de 2016

Viaxe a Madrid

Nesta viaxe a Madrid imos saír ás 9:00am de Lugo, en coche, e chegamos á 13:30pm. Escollimos o hotel ''Vincci Capitol'', para a estancia en Madrid.
Imos ir 4 persoas, 2 habitacións, dúas persoa en cada habitación, o tempo de estancia é de 1 semana.

O hotel ten un coste de 116€ por noite, cunha habitación e 804€ unha habitación, por 5 noites, imos coller 2 habitacións, saldría todo a 1608€
Este hotel ofrece:
-Wifi gratis
-Spa
-Aire acondicionado
-Restaurante
-Bar
-Bañeira de hidromasaxe
-Centro de benestar
-Recepción as 24 horas
-Servizo de limpeza diario
-Aquiler de vehículos

Os 6 días imos visitar o seguinte:
1º día: Despois de chegar imos descansar no hotel e, depois de comer iremos ó Palacio de Cibeles e á Puerta de Alcalá
2º día: Pola mañá imos visitar o Museo do Prado e o Palacio Real. Pola tarde imos ó Parque do Retiro e a ó Parque do Capricho
3º día: Pola mañá iremos ao Templo de Debod. Pola tarde, visitaremos á Porta do Sol  e o Palacio de Cristal.
4º día: Visitaremos a Praza de España, a Praza Maior, a Praza de Santa Ana e a Praza de Oriente, pola mañá, pola tarde iremos a vistar a Estación de Atocha e a Rúa Fuencarral.
5º día: Pola maña sairemos a comprar roupa na Calle Preciados, comeremos nalgún sitio de Madrid, e pola tarde iremos á Gran Vía a visitar lugares, como o Edificio Metróplis ou a Azotea do Círculo de Belas Artes, e comprar algunha cousa máis, e cearemos nalgún sitio de alí.
6º día: Pola mañá visitaremos a Fonte de Cibeles e o Museo de Cera de Madrid. Ás 16:00pm sairíamos de Madrid, de volta a casa.