COMENTARIO
DE TEXTO
BOSSUET
O texto defende o sistema político do Absolutismo, o
cal concentra os poderes lexislativo, executivo e xudicial no rei, a
diferencia do Absolutismo, no Parlamentarismo, o rei, grazas á
Declaración de Dereitos de 1689, garante unha serie de dereitos e
liberdades, non podía aprobar leis nin crear impostos ou cobralos
sen permiso do Parlamento. No que respecta á República, o poder era
exercido polos cidadáns máis influintes, os burgueses. En cambio,
no Despotismo Ilustrado, as súas reformas non limitaron o poder
absoluto dos monarcas, iso provocou un choque cos privilexiados, xa
que os monarcas non querían abolir ese sistema.
No texto cítanse dúas oracións, ''Dios lo es todo'' e
''El príncipe no es considerado como un hombre particular, todo el
Estado está en él y la voluntad de todo el pueblo está contenido
en las suya''; nelas fai referencia a unha consideración que se lle
daba ó rei no Absolutimos, refírese a que se lle consideraba un
evíado de Deus á Terra e que os seus poderes eran de orixe divina.
Todo isto ocorre na época do Antigo Réxime. Sistema
político, económico e social do século XVIII. A sociedade estaba
dividida en estamentos. Existían privilexiados. Asociedade estaba
dividida na nobreza, que ó mesmo tempo estaba dividida en alta e
baixa nobreza; o clero, que ó mesmo tempo estaba tamén dividido en
alto e baixo clero. O terceiro estado ou xente do común formábano a
burguesía e o campesiñado.
O que se refire á economía, a agricultura e a gandaría eran
as principáis actividades económicas.
No comerzo, medrou o comerzo exterior e desenvolveuse o
comerzo triangular.
Mariña Torres Salgado 4ºB