miércoles, 16 de noviembre de 2016

COMENTARIO DE TEXTO
BOSSUET


O texto defende o sistema político do Absolutismo, o cal concentra os poderes lexislativo, executivo e xudicial no rei, a diferencia do Absolutismo, no Parlamentarismo, o rei, grazas á Declaración de Dereitos de 1689, garante unha serie de dereitos e liberdades, non podía aprobar leis nin crear impostos ou cobralos sen permiso do Parlamento. No que respecta á República, o poder era exercido polos cidadáns máis influintes, os burgueses. En cambio, no Despotismo Ilustrado, as súas reformas non limitaron o poder absoluto dos monarcas, iso provocou un choque cos privilexiados, xa que os monarcas non querían abolir ese sistema.

No texto cítanse dúas oracións, ''Dios lo es todo'' e ''El príncipe no es considerado como un hombre particular, todo el Estado está en él y la voluntad de todo el pueblo está contenido en las suya''; nelas fai referencia a unha consideración que se lle daba ó rei no Absolutimos, refírese a que se lle consideraba un evíado de Deus á Terra e que os seus poderes eran de orixe divina.

Todo isto ocorre na época do Antigo Réxime. Sistema político, económico e social do século XVIII. A sociedade estaba dividida en estamentos. Existían privilexiados. Asociedade estaba dividida na nobreza, que ó mesmo tempo estaba dividida en alta e baixa nobreza; o clero, que ó mesmo tempo estaba tamén dividido en alto e baixo clero. O terceiro estado ou xente do común formábano a burguesía e o campesiñado.
O que se refire á economía, a agricultura e a gandaría eran as principáis actividades económicas.
No comerzo, medrou o comerzo exterior e desenvolveuse o comerzo triangular.





Mariña Torres Salgado 4ºB                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario